viernes, 14 de noviembre de 2008

UNHA NOVA ANDAINA

BENVIDOS. Aquí estemos de novo. Herdeiros e deudores do traballo realizado ate o de agora, queremos marcar unha linea de continuidade que sen desbotar os cambios recolla a experiencia desenvolvida no club nos cursos anteriores. Comenza de novo esta aventura de formación e coñecimento coa vagaxe da experiencia acumulada e as ganas de mellorar, se fose posible. Este espacio disponse como referente TIC dos alumnos e mesmo dos profesores de IESPAS incorporados ó PPdB. O seu funcionamento dependerá de todos nós. Se hai dificultades teremos que salvalas. Non imos deixar que nos poidan os atrancos e as reviravoltas. Ese é o noso obxectivo e estamos certos de conseguilo. O reto é cousa nosa. Iremos dispoñendo este espacio para uso, formación e información de todos. O noso desexo é contar con todos vós. Aquí vos esperamos.En breve pasaremos o aviso cos horarios da apertura para os alumnos. Tede un pouco de paciencia. Todo chegará no seu momento.Estamos a traballar

No hay comentarios: