viernes, 14 de diciembre de 2007

Semana de descanso

Esta semana o club estará pechado. Temos cousas que facer e precisamos algún tempo para preparalas e mellorar o servicio. Polo tanto non atenderemos ningunha incidencia que se poida producir. Para que non vos aburrades sinalamos duas páxinas ás que podedes ir. Algúns de vos xa coñecedes a primeira, a outra é un agasallo de Nadal para pasar o tempo a sorir. En calquera caso Bo Nadal a todos. Seguide atentos e non perdades a calma que volveremos axiña.

Mirade a folla volante para darlle ó caletre con cousas de matemáticas.
Para pasalo ben mirade e escoitade ó noso paisano Rober Bodegas en Youtube

No hay comentarios: