martes, 30 de octubre de 2007

Un pouco de calma


Xa sabemos que hai alumnos con problemas de conexión e outras menudencias.Tampouco nos esquencemos dos alumnos que no seu momento non puideron clonar os ordenadores por problemas físicos que tiveron que arranxar os técnicos de Dell. En calquera caso estamos a traballar para mellorar as prestacións de clube. Sería bó mentres esperades que vos auxdárades uns os outros en aquelas operacións básicas que as veces por ignoracia ou esquecemento nin nos molestamos en saber facer ou comprobar antes de ir co portátil ó clube.
Algúns exemplos:
*Conexión WiFI
*poñer como determinada a impresora de secretaría, etc, etc

En calquera caso calma.
Non se gañou Zamora nunha hora

miércoles, 24 de octubre de 2007

Unha nova andaina

BENVIDOS
Aquí estemos de novo.
Herdeiros e deudores do traballo realizado ate o de agora, queremos marcar unha linea de continuidade que sin desbotar os cambios recolla a experiencia desenvolvida no clube nos cursos anteriores, especialmente da mán das profesoras Teresa Mancebo e Ana Villar, as que dende aquí expresamos o noso agradecimento polo traballo desenvolvido.
Comenza de novo esta aventura de formación e coñecimento coa vagaxe da experiencia acumulada e as ganas de mellorar, se fose posible. Este espacio disponse como referente TIC dos alumnos e mesmo dos profesores de IESPAS incorporados ó PPdB. O seu funcionamento dependerá de todos nós. Se hai dificultades teremos que salvalas. Non imos deixar que nos poidan os atrancos e as dificultades. Ese é o noso obxectivo e estamos certos de conseguilo. O reto é cousa nosa.
Iremos dispoñendo este espacio para uso, formación e información de todos.
O noso desexo é contar con todos vós. Aquí vos esperamos.
En breve pasaremos o aviso da apertura para os alumnos. Tede un pouco de paciencia. Todo chegará no seu momento.
Estamos a traballar